Publicador de contidos

Publicador de contidos

Doutor Cota: "Chegas cunha chamada á selección e marchas cunha chamada"

Doutor Cota: "Chegas cunha chamada á selección e marchas cunha chamada"

Cota, moi querido por todos os xogadores que pasaron pola selección, pon fin a unha traxectoria de 23 anos

Comunicoullo Albert Luque nunha chamada telefónica

G24.gal 29/12/2022 11:55 Última actualización 29/12/2022 12:02

O doutor estradense Juan José Cota non continuará na selección española de fútbol. Cota, moi querido por todos os xogadores que pasaron pola selección, pon fin a unha traxectoria de 23 anos. Estivo nos últimos catro mundiais, incluído o do triunfo en Suráfrica, e nos éxitos de España na Eurocopa de 2008 e 2012. Comunicoullo por teléfono Albert Luque:

"Non houbo unha explicación. Foi unha conversa curta. Estiman que é o máis conveniente para todos"

"Chegas cunha chamada e marchas cunha chamada"

"Quedo con toda a xente"

O doutor Cota seguirá á fronte dos servizos médicos do Celta, onde leva desde o ano 2008, cando substituíu a Mario Galán. Daquela xa estaba relacionado coa selección española, na que exercía de médico da sub-21. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade