Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous premios en Xixón para o filme galego "A foreign song", de César Souto

Dous premios en Xixón para o filme galego "A foreign song", de César Souto

A mellor película e o mellor director español na 60 edición do FICXixón

G24.gal 19/11/2022 15:18 Última actualización 19/11/2022 16:56

A película de César Souto A foreign song acadou dous premios no FICXixón. Competía na sección Esbilla, o que lle permitiu recibir os galardóns á mellor película española e ao mellor director español do certame asturiano.

O filme inspírase na obra e biografía do poeta modernista estadounidense Wallace Stevens. Stvenes cría que a poesía non é algo persoal e a voz que estaba detrás dos poemas era a voz doutra persoa. A ollada ao cotián con Nova York como escenario é o punto de partida dun filme de carácter poético e observacional.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade