Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous porriñeses, como Toni e Jonathan Vila, analizan o porriñés de moda: Gabri Veiga

Dous porriñeses, como Toni e Jonathan Vila, analizan o porriñés de moda: Gabri Veiga

Toni: "Ten todo para ser un xogador 'top' porque ten disparo, ten gol, ten chegada"

Jonathan: "O que está facendo é incrible"

G24.gal 09/02/2023 18:09 Última actualización 09/02/2023 18:25

Gabri Veiga é o futbolista do que todos falan. Do Porriño, é o quinto xogador desta localidade en xogar co Celta en Primeira División. Como Pintos, Vavá e como Toni e Jonathan Vila. Os últimos en facelo. Toni nos oitenta e Jonathan Vila máis recentemente. Con eles dous analizamos o efecto Gabri Veiga.

Toni: "Ten todo para ser un xogador 'top' porque ten disparo, ten gol, ten chegada. Espero que triunfe"

Jonathan: "O que está facendo é incrible. Ten unhas cualidades tremendas. Vai ser moi importante"

A progresión de Gabri Veiga non só non os colle por sorpresa, senón que coinciden en que ten calidade para estrearse xa coa selección absoluta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade