Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous menores, trasladados ao hospital por inhalación de fume nun incendio en Vigo

Dous menores, trasladados ao hospital por inhalación de fume nun incendio en Vigo

G24.gal 02/11/2021 15:08

O lume orixinouse pasadas as tres da madrugada nun piso do barrio histórico de Vigo nunha campá extractora e provocou danos na cociña.

Non foi complicado apagar o lume, pero o fume que provocou estendeuse con rapidez e afectou o resto dos andares do edificio. Nunha das vivendas había dous menores.

Bombeiros e Policía Local axudaron os veciños a saír das súas vivendas, que nas últimas horas aínda precisaban ventilación. Afortunadamente, todo quedou en danos materiais e nun bo susto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade