Cargando resultados...
Dous goles en momentos destacados acaban co Coruxo en Avilés
Os asturianos anotaron na última xogada do primeiro tempo e na primeira acción do segundo
G24.gal
01/09/2024 23:12
Adoita dicirse que os últimos minutos da primeira metade e inicio da segunda son momentos de partido en que a concentración ten que ser máxima para non apañar ningún gol. O Coruxo recibiu dous goles neses intres tan importantes e acabou perdendo no campo do Avilés, un equipo que non quere pasar os apuros do ano pasado e desexa loitar polo ascenso.
Na primeira metade, Johan Terranova tivo a mellor opción para o Coruxo. Pero foi o Avilés o que marchou en vantaxe grazas a un penalti transformado por Santamaría. Co tanto de Javi Cueto nada máis comezar a segunda metade, o partido quedou moi encamiñado e os vigueses xa non tiveron capacidade de reacción.