Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous avións de combate españois da OTAN derruban un dron que violaba o espazo aéreo de Romanía

Dous avións de combate españois da OTAN derruban un dron que violaba o espazo aéreo de Romanía

Os cazas do exército español interceptaron o aparello durante unha patrulla e destruírono preto da fronteira con Moldavia
 

Imaxe de arquivo vía Europa Press Imaxe de arquivo vía Europa Press
G24.gal 16/08/2026 09:33

O ministro de Defensa de Romanía, Radu Miruta, informou este domingo de que dous cazas españois despregados na misión da OTAN interceptaron un dron non identificado tras vulnerar o espazo aéreo romanés durante unha patrulla de vixilancia.

"Ás 04:44, detectouse o obxectivo ingresando ao espazo aéreo nacional romanés, a 24 quilómetros ao norte de Galati. Nese momento, dous avións de combate españois F-18, que xa foran postos en alerta como medida de precaución, recibiron autorización para intervir", confirmou o dirixente romanés nunha publicación nas súas redes sociais.

Segundo Miruta, o dron, cuxa procedencia non precisou,  foi interceptado e destruído entre as localidades Baleni e Cudalbi, no sueste do país, preto da fronteira con Moldavia.

"Parabéns aos pilotos españois e ao persoal militar romanés no centro de mando por unha misión exitosa! Romanía está a defender o seu espazo aéreo, e os nosos aliados están ao noso lado. Vixilancia, resposta rápida e solidariedade aliada: estas son as garantías concretas da nosa seguridade", celebrou o xefe de Defensa.

Romanía, que se atopa "en primeira liña de defensa da Unión Europa", segundo o ministro, comparte unha fronteira terrestre duns 614 quilómetros aproximadamente con Ucraína, e viu de preto como drons rusos violaron en varios ocasións o seu espazo aéreo desde que comezou a operación militar contra Kíiv en febreiro de 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade