7-O: dous anos do ataque de Hamas sobre Israel
Cumpríanse cincuenta antos da guerra do Yom Kippur. Ese día Israel sufriu o maior ataque da súa historia. Era a operación Inundación Al-Aqsa
O sete de outubro de 2023 non era unha data calquera. Cumpríanse cincuenta antos da guerra do Yom Kippur. Ese día Israel sufriu o maior ataque da súa historia. Era a operación Inundación Al-Aqsa.
Para desviar a atención do exercito israelí, Hamas, lanzou uns cinco mil mísis contra territorio israelí. E ao mesmo tempo, uns dous mil membros de Hamas iniciaban un ataque en distintas poboacións preto da Franxa de Gaza.
Atacaron un festival de música: alí asasinaron máis de 350 persoas. Houbo centos de feridos e moitos dos asistentes acabaron secuestrados.
O ataque de Hamas tiña máis obxectivos: bases militares e kibutzs preto da fronteira. Unhas 1.200 persoas de 19 nacionalidades foron asasinadas. 252 foron secuestradas. Deles, 48, aínda seguen en poder de Hamas.
A resposta do exercito israelí non se fixo esperar: dous anos despois, está completamente arrasada. E segundo fontes do Ministerio de Saúde de Gaza, os mortos superan os sesenta e oito mil. Os anuncios da última semana e o comezo da negociación en Exipto abren, dous anos despois, unha porta á esperanza de paz