Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dos 29 incendios activos en Castela e León, 10 deles teñen nivel 2

Dos 29 incendios activos en Castela e León, 10 deles teñen nivel 2

O de Porto en Zamora, que se iniciaba xa hai nove días, é un dos que máis preocupa pola proximidade ao parque natural do Lago de Seabra

Na provincia de León a atención está moi posta na evolución do lume próximo ao Parque Natural de Picos de Europa en Riaño e A Reina

G24.gal 19/08/2025 14:59 Última actualización 19/08/2025 15:06

Dez dos 29 incendios forestais que se manteñen activos este martes en Castela e León son graves, de nivel 2. O de Porto en Zamora, que se iniciaba xa hai nove días, é un dos que máis preocupa dada a súa proximidade ao parque natural do Lago de Seabra.

Dez localidades están desaloxadas e outras tantas confinadas e en preaviso o que afecta a máis de 8.000 persoas entre veciños e veraneantes. Quince medios aéreos que onte non puideron actuar polo fume incorporáronse esta mañá aos labores de extinción.

Na provincia de León a atención está moi posta na evolución do lume próximo ao Parque Natural de Picos de Europa en Riaño e A Reina. Os veciños de Valdeón, despois de varias xornadas marcadas pola tensión e os esforzos de moitos por protexer as súas terras, están regresando xa ás súas casas e respiran aliviados pola chegada da néboa e da humidade.

Esta situación atmosférica tamén está axudando na extinción dos focos que aínda permanecen activos en Asturias. Os máis vixiados, os de Somiedo e os de Degaña.

E con respecto ao incendio de Jarilla en Cáceres este luns saltaba ao concello salmantino de Candelario. Os medios aéreos traballan por controlalo. Os técnicos cren que este martes pode ser un día clave na loita contra este lume que leva activo unha semana e que calcinou máis de 15.000 hectáreas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade