Publicador de contidos

Publicador de contidos

Domingo chave para Deportivo, Rácing e Pontevedra na 1ª RFEF

Domingo chave para Deportivo, Rácing e Pontevedra na 1ª RFEF

O Deportivo recibe mañá o Ceuta (19 h, G2 e G24) na loita pola praza de ascenso

O Rácing, tamén inmerso nesa loita, visita ao Sanse pola mañá

O Pontevedra viaxa a San Fernando á busca de achegarse á permanencia

G24.gal 22/04/2023 14:38

O domingo veremos na G2 o encontro de Riazor entre o Deportivo e o Ceuta. O equipo coruñés, a catro puntos do Alcorcón e o Real Madrid Castela, non ten marxe de erro se quere aspirar o ascenso directo. Precisa encadear varios triunfos, algo que non sucedeu esta temporada e que Óscar Cano non descarta que se produza nesta recta final.

A seis puntos da primeira praza, pero cun partido menos, está o Rácing. Visita ao San Sebastián de los Reyes que, igual que o Ceuta, está inmerso na loita pola permanencia. Cristóbal Parralo apela á concentración para afrontar os partidos que quedan.

E o Pontevedra visita o San Fernando co obxectivo de recuperar as boas sensacións amosadas polos de Juan Señor antes da desfeita da última xornada ante o Mérida en Pasarón. Non lle queda outra ao conxunto granate, que está a cinco puntos da permanencia.

Cada partido será vital nas seis xornadas que restan desta Primeira Federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade