Publicador de contidos
Publicador de contidos

Doada vitoria do Deportivo nas Gaunas (0-5)

Doada vitoria do Deportivo nas Gaunas (0-5)

Imperial Lucas Pérez, que guiou a vitoria

Os de Idiakez seguen co seu bo momento

G24.gal 10/02/2024 19:43

Viaxaba o Deportivo para enfrontarse á SD Logroñés nas Gaunas, co obxectivo de afianzar a praza de play-off e achegarse ao liderado. Pois así foi. A media hora de encontro, os coruñeses xa ían 0-3 no marcador. Moita facilidade. Primeiro foi Lucas Pérez quen aproveitou un rexeitamento na área pequena. Despois o gran descubrimento desta tempada, Mella, disparou desde a frontal. O lanzamento tocou en Paredes e acabou entrando por outra escuadra. Explotaba o fondo do estadio, poboado pola afección deportivista. No minuto 32 volveu repetir o de Monelos. Villares roubou, aproveitando o erro da defensa na saída de balón. O balón quedoulle a Lucas para que, a pracer, puidese poñer terra de por medio no marcador. 

Os de Idiakez foron claramente superiores aos locais, anulando as opcións do Logroñés. Pero a conta deportivista non acabou aí. Barbero quixo unirse á festa, xa que non anotaba desde a xornada 2 fronte ao Lugo. Lucas serviulle o balón para que empurrase a pracer. Redondeou a conta Alcaina, quen debutaba. Aproveitou o Deportivo a desconexión da zaga local, filtraron rápido o balón a Alcaina quen puxo o 0-5 final.

O Deportivo é capaz de situarse na 3º posición grazas a este resultado a tan só 4 puntos do liderado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade