Cargando resultados...
Do tren coa meseta á chegada do AVE a Galicia, dous fitos separados por 138 anos
O 1 de setembro de 1883 o tren chegou a Monforte de Lemos
G24.gal
20/12/2021 20:48
O adxectivo máis repetido para resumir este día de inauguración do AVE foi "histórico". E histórico foi tamén para Galicia outro día de hai case 140 anos, a finais do século XIX.
En 1875 Galicia seguía sen conexión ferroviaria coa meseta. Supoñía todo un atraso respecto a outros territorios. Pero iso cambiou o 1 de setembro de 1883, cando o tren chegou a Monforte de Lemos. Aquel día o rei Alfonso XII inauguraba a liña férrea Madrid-A Coruña. Fora todo un acontecemento.