Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dispárase a mortalidade por covid–19 nos países europeos con taxas baixas de vacinación

Dispárase a mortalidade por covid–19 nos países europeos con taxas baixas de vacinación

Récord de falecidos en Rusia, Bulgaria e Romanía

Recuperan restricións sociais en varios países da UE

G24.gal 09/11/2021 19:32

Rusia, Bulgaria e Romanía bateron o récord de mortes por covid–19 de toda a pandemia. A situación dos hospitais é critica nestes países con baixas taxas de vacinación.  A cuarta vaga do virus segue espallándose no centro de Europa pero tamén nos países bálticos.

A explosión dos contaxios tamén aumenta a presión hospitalaria en Austria ou Alemaña, onde a porcentaxe de vacinados é maior que noutras áreas do centro e do leste de Europa pero menor ca en España ou Portugal.

Ante o aumento dos contaxios algúns países impoñen restricións sociais. Austria, coa incidencia preto de 1.000, confina os que estean sen vacinar. Sen chegar a medidas tan drásticas, outros países da Unión Europea como Bélxica ou Francia recuperan ou estudan recuperar restricións que deixaran atrás antes do verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade