Publicador de contidos

Publicador de contidos

Podemos reclama a ruptura das relacións diplomáticas con Israel

Podemos reclama a ruptura das relacións diplomáticas con Israel

A formación morada pide a mesma contundencia que se exerce contra Rusia

Dende Sumar insisten en que condenan calquera violencia, veña de onde veña

G24.gal 19/10/2023 14:28

A situación en Gaza aviva as discrepancias entre os socios do Goberno en funcións. Podemos reclama contundencia, a ruptura das relacións con Israel e sancións semellantes ás que se lle aplican a Rusia.

Ione Belarra insistiu en que Israel é o responsable do ataque ao hospital no que faleceron centos de persoas: "Se eu liderase a negociación como Sumar co PSOE, o que deixaría claro no próximo acordo de goberno é que as posicións transcendentais para o futuro do noso país, como a política exterior, teñen que ser pactadas co socio minoritario. É imprescindible. Estase a cometer un xenocidio coa nosa complicidade e o noso silencio". 

Mentres, dende Sumar, evitan contestarlle e insisten en que condenan calquera violencia, veña de onde veña. Yolanda Díaz insistiu en que condenan "calquera violencia contra as vítimas, non importa de onde sexan. Non pode haber relatividade nos dereitos humanos. Demandamos un cesamento do fogo o antes posible".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade