Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dimite o técnico do CFB Poio por un comentario sexista á porteira rival

Dimite o técnico do CFB Poio por un comentario sexista á porteira rival

Os pais da moza queren pasar páxina do acontecido, pero salientan que hai que erradicar ese tipo de comportamentos

G24.gal 10/05/2023 14:59

Segundo conta José Luis Toba Meis, o delegado do CFB Vilalonga, o adestrador dixo: "A porteira está solteira. Por onde lla queredes meter?".

Os feitos sucederon o sábado pasado no campo do Revel, nun encontro entre o Vilalonga e o Poio. O adestrador deste último conxunto é quen fai supostamente eses comentarios fóra de carácter sexista á porteira do Vilalonga, unha nena de 13 anos. O árbitro non os recolle na acta.

O comentario escoitouse nas bancadas, onde estaban os pais da cativa. A nai recriminoulle as  palabras ao adestrador do club infantil de Poio e este pediu desculpas. "É un comentario que se soltou porque si, pero é un comentario que non está ben feito e queremos que isto se erradiquen dos terreos de xogo", di a nai da gardameta.

A repercusión das palabras do técnico levaron á súa dimisión irrevogable e o equipo pediu descupas. A nena xoga no equipo mixto de fútbol de Vilalonga desde os 3 anos e súa nai asegura que nunca tivo ningún problema.

Os dous clubs emiten senllos comunicados de condena de calquera actitude machista. O adestrador do Poio dimite, pero o ruído non cesa e o caso foi gañando protagonismo.

Por iso, os pais da moza queren volver xuntarse con el, aceptar en persoa esas desculpas e pasar páxina. Unha proposta de encontro ben recibida polos dous clubs, que podería ter lugar nas próximas horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos