Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dimite o líder de Cs ante a falta de acordo para integrarse nas candidaturas do PP

Dimite o líder de Cs ante a falta de acordo para integrarse nas candidaturas do PP

Os dous partidos lamentan o fracaso que atribúen as tensións internas en Ciudadanos

G24.gal 22/03/2024 18:37 Última actualización 22/03/2024 18:45

Dimite o líder de Ciudadanos, Adrián Vázquez, ante a falta de acordo co Partido Popular para unha candidatura conxunta nas eleccións catalás e europeas.

Os dous partidos coinciden en que non foi posible polas tensións internas en Ciudadanos.

O fracaso chega tras o choque de Vázquez e o líder de Ciudadanos en Cataluña, Carlos Carrizosa, contrario á integración dos laranxas nas listas do PP.

As direccións dos dous partidos lamentan que non houbera acordo e valoraron o "esforzo  honesto" dos negociadores, Vázquez por Ciudadanos e Cuca Gamarra polo PP .

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar