Publicador de contidos
Publicador de contidos

Núñez Feijóo defende o modelo "autonomista" do PP para Cataluña

Núñez Feijóo defende o modelo "autonomista" do PP para Cataluña

"O obxectivo do PSC é que Sánchez continúe na Moncloa, non ter un proxecto de Goberno para Cataluña", asegura o presidente do PP

G24.gal 23/04/2024 14:36

Alberto Núñez Feijóo estivo este martes celebrando o San Jordi en Barcelona, apoiando o candidato do PP ás eleccións autonómicas.

Cre que o seu é o único partido que defende a convivencia en Cataluña fronte ás outras opcións políticas. O presidente do PP defendeu o seu modelo "constitucionalista, autonomista e non separatista" en contraposición ao do socialismo catalán.

En opinión de Núñez Feijóo, "o PSC goberna con eles nas institucións e o obxectivo do PSC é que Sánchez continúe na Moncloa, non ter un proxecto de Goberno para Cataluña".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade