Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dimite o deputado do PSOE polas Palmas Fuentes Curbelo, investigado por presunta corrupción

Dimite o deputado do PSOE polas Palmas Fuentes Curbelo, investigado por presunta corrupción

O PSOE de Canarias abriulle expediente disciplinario e suspendeuno de militancia de forma cautelar por "perda de confianza"

Na operación en que o parlamentario está investigado foron detidas doce persoas por cargos que inclúen suborno e tráfico de influencias na xestión de subvencións europeas vencelladas a produtos de alimentación

G24.gal 15/02/2023 07:48

O deputado do PSOE no Congreso polas Palmas Juan Bernardo Fuentes Curbelo presentou a súa renuncia ao escano á dirección federal do partido tras ser investigado nunha trama de presunta corrupción.

Onte á tarde o PSOE de Canarias abriu expediente disciplinario e suspendeu de militancia de forma cautelar tanto a Fuentes Curbelo como ao seu sobriño Taishet Fuentes, que foi director xeral de Gandería do Goberno de Canarias ata a súa destitución o pasado verán por "perda de confianza".

Nesta operación, coordinada por un xulgado de Instrución de Santa Cruz de Tenerife, investíganse presuntas irregularidades cometidas na xestión de subvencións europeas vencelladas a produtos de alimentación.

En total, foron detidas doce persoas por cargos que inclúen suborno e tráfico de influencias, dúas en Canarias e outras dez en provincias do resto de España. Entre os arrestados tamén figura o xeneral retirado da Garda Civil Francisco Javier Espinosa Navas, que foi xefe da Comandancia do corpo na provincia das Palmas hai dez anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade