Publicador de contidos

Publicador de contidos

Diferenzas no diagnóstico psiquiátrico da acusada no caso Desireé

Diferenzas no diagnóstico psiquiátrico da acusada no caso Desireé

Os psiquiatras aseguran que a acusada sufría un trastorno, pero non poden aclarar o acontecido

Berros e bágoas nunha nova xornada de xuízo polo asasinato da pequena Desirée

A acusada contou que non se arrepentía do seu intento de suicidio inxerindo pílulas
G24.gal 10/02/2022 13:57

Compareceron os médicos e médicas que atenderon a acusada en urxencias e nos días posteriores. Todos relataron que a atoparon a Ana Sandamil algo atordada, pero que non poden concluír no momento se ela estaba a sufrir un brote psicótico ou un incipiente trastorno mental. O que si describiron varias delas e que mantiña unha actitude que non era normal.

"Ela tiña un cadro psicótico, si iso si. O que pasou esa noite non o podo asegurar porque ela non o contou. Cando alguén baixo un cadro psicótico fai unha agresión o normal é que sexa "desordenado" non adoita a ser algo planificado, organizado, quedan evidencias de que claramente foron eles" afirmaba Verónica Ferro, a psiquiatra do HULA que máis a tratou.

Dixeron as testemuñas que segundo lles contou a paciente ela tomara dez pastillas de antidepresivos que tiña na casa despois da morte da filla e que no se arrepentía do seu intento de suicidio.  

Tamén nalgunha ocasión falou dunha botella con fármacos que tiña preparada na casa para suicidarse ela, e que pensaba que fora o que tomara a pequena Desireé. 

"Dicía que tampouco lembraba moito, que si que tomara unhas pastillas e eu polo informe que tiña pregunteille que pasara o día anterior, pola súa filla que pasara. Ela dicía non sabía o que acontecera nin onde estaba a filla. Eu expliqueille que morrera, pregunteille que lle pasara a nena e afirmaba que non sabía e botábase a chorar" aseguraba Cristina Uzal, outra especialista en psiquiatría do HULA.

"É unha doente que está esperta, que o exame físico en xeral e neurolóxico e as constantes vitais son óptimas e ela colabora no exame físico e neurolóxico", apuntaba Sandra López Internista do HULA.

A fiscalía e acusacións resaltaron a dúbida dos facultativos da existencia dun brote psicótico, mentres a defensa puxo en valor a falla dun diagnóstico claro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade