Publicador de contidos
Publicador de contidos

Diego Vallejo correrá o Dakar co proxecto máis ambicioso do Astara

Diego Vallejo correrá o Dakar co proxecto máis ambicioso do Astara

O equipo Astara, formado polos pilotos Óscar Fortes, con Diego Vallejo de copiloto, Carlos Checa e Laia Sanz, afronta "ilusionado" o próximo Dakar

O equipo Astara desprazarase a Arabia Saudita con 33 persoas, dous camións e tres coches de asistencia, sendo unha das delegacións máis grandes da competición

G24.gal 16/11/2022 13:54 Última actualización 16/11/2022 14:29

O equipo Astara, formado polos pilotos Óscar Fuertes, con Diego Vallejo de copiloto, Carlos Checa e Laia Sanz, afronta "ilusionado" o próximo Dakar, no que competirán con tres coches 01 Concept 100% sostibles de gasolina sintética e cuxa principal novidade, entre a mellora das prestacións, é o aumento da potencia.

Os tres Astara 01 Concept estarán propulsados por unha nova gasolina sintética 100 % ecolóxica e foron desenvoltos a partir do Century CR6. A tracción traseira é dun bugui 4x2, o peso máximo en baleiro de 1.590 quilos, 331 kw e conta con máis de 500 quilómetros de autonomía en carreira.

Como novidades, o coche ten un 15% máis de potencia, conta cunha caixa de cambios SADEV, tres rodas de recambio e sistema de suspensión RS3.

Diego Vallejo: "O equipo é moito máis grande e con pilotos de moito palmarés e talento"

"Vai estar o meu irmán Sergio e faime ilusión"

O equipo Astara desprazarase a Arabia Saudita con 33 persoas, dous camións e tres coches de asistencia, sendo unha das delegacións máis grandes da competición dentro da categoría das catro rodas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos