Diego Seoane: "Nun detalle fóisenos un partido no que estivemos ben"
O lateral do Pontevedra atendeu o Galicia en goles na zona mixta de Santo Domingo

Tras a derrota en Alcorcón e a vitoria dun rival directo coma o Alxeciras, o Pontevedra ten máis difícil o obxectivo da permanencia. O líder aproveitou unha das poucas opcións que permitiu o equipo granate para deixar os tres puntos na casa. Na zona mixta posterior ao partido a Radio Galega conversou co ourensán Diego Seoane.
"Fixemos un moi bo encontro e nun detalle fóisenos. Eles tiveron unha ou dúas e puidemos poñernos por diante. Non fomos quen de facelo e acabamos perdendo. O campo estaba perfecto, a temperatura alta pero o equipo en xeral fixo un bo partido. Atopamos bo oco na miña banda. Saímos co balón moi ben. Tivemos achegamentos perigosos pero non remates. O resultado non veu de cara".