Publicador de contidos

Publicador de contidos

Diego López salva o Español de caer coa Ponferradina

Diego López salva o Español de caer coa Ponferradina

Foi decisivo nos lanzamentos de penalti logo do 1-1 no tempo regulamentario

G24.gal 05/01/2022 17:20

No Toralín o Español pasou con sufrimento. Nos penaltis. Decisivo Diego López.

Festa en Ponferrada. A Ponferradina está no ano do seu centenario. Pedrosa adiantou o Español ao pouco de comezar o encontro. Encontro que empataría á falta de dous minutos Yuri tras un penalti que protestou a zaga españolista.

O marcador non se moveu na prórroga e nos penaltis impúxose a figura do meta galego Diego López. Diego López detivo dous lanzamentos, a Ponferradina fallou outro e o Español pasou a oitavos de final da Copa despois de sete anos sen facelo. Diego López foi o artífice.

40 anos e mantén toda a súa calidade e experiencia na portería.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos