Cargando resultados...
Diego Alves, mancado de longa duración, desvincúlase do Celta
O porteiro incorporárase para substituír a Marchesín, e marcha tamén por culpa dunha lesión
G24.gal
15/04/2023 13:23
Rematou a breve estadía de Diego Alves no Celta. Chegou para substituír a Agustín Machesín e marcha sen ter xogado un so minuto. A culpa foi dunha mancadura no xeonllo.
O Celta confirmou hoxe oficialmente que chegou a un acordo para a rescisión do contrato que unía as dúas partes. O porteiro completará a súa recuperación no Brasil.
Comunicado oficial:
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) April 15, 2023
O RC Celta e Diego Alves chegaron a un acordo para a desvinculación do gardameta brasileiro.
O club agradece a Diego a súa implicación nestes meses ademais de desexarlle sorte nos seus novos retos e unha pronta recuperación da súa lesión.#RCCelta pic.twitter.com/u3NwfhTWAK