Diego Alves iniciou a súa etapa como celeste
Alves: "Xa coñezo algúns xogadores de xogar contra eles. Xa sufrín bastante con Aspas"
Diego Alves iniciou a súa etapa como celeste. Carlos Mouriño presentouno en sociedade e adestrou en Afouteza. Con 37 anos volve á Liga tras o paso por Almería e Valencia. Nos últimos tempos estivo no Flamengo.
Diego Alves compartirá o vestiario do Celta con facianas coñecidas. Por exemplo con Aspas, a quen sofriu co Valencia e co Almería.
"Xa coñezo a algúns xogadores de xogar contra eles. Xa sufrín bastante con Aspas".
É un especialista nos lanzamentos de penalti, tal e como demostran os seus 22 penaltis parados (récord absoluto do campionato español).
Con todo, o corpo técnico ten plena confianza no gardameta de Aldán Iván Villar. Realizou un gran partido na vitoria contra o Betis e será o titular ante o Atlético de Madrid, o vindeiro compromiso do equipo vigués en Balaídos.
Xunto a el está a adestrarse o titular habitual no filial, Christian Joel. Os de Carvalhal preparan a visita do Atlético, na que buscarán a terceira vitoria consecutiva.