Venres Santo en Galicia: horarios e citas de interese

FERROL
A Semana Santa de Ferrol celebra a súa xornada máis destacada con procesións multitudinarias, como a matinal do Santo Encontro; actos como o do Desencravo, ou citas históricas, como o Santo Enterro.
A primeira cita é a procesión do Santo Encontro da Confraría das Dores, festa declarada de Interese Turístico Internacional. O acto culminou pasado o mediodía na praza de Armas.
Procesións da tarde:
-16:30 Procesión do Crucificado da Confraría da Mercé. Sae da capela da Mercé pasar polas rúas María, Arce, Real, Sánchez Barcáiztegui, Magdalena, Coruña, Real, Méndez Núñez, María e regresa capela da Mercé.
-18:00 Procesión do traslado da Confraría das Dores percorrendo as rúas Méndez Núñez, Real, Sánchez Barcáiztegui e Madalena. O desfile esperará na rúa Magdalena, á altura dela rúa Coruña, a chegada da procesión do Santo Enterro.
-18:00 acto do Desencravo da Irmandade do Santo Enterro será as seis da tarde no atrio da concatedral
-19:00 A procesión do Santo Enterro da Irmandade do Santo Enterro, comeza ás sete saíndo da concatedral de San Xiao, polas rúas Irmandiños, Coruña, Magdalena, Rubalcava, Real, Arce, Magdalena, Coruña, Irmandiños e regrasado a concatedral.
-21:00 Procesión da Soidade da Confraría da Soidade, saíndo da Orde Terceira, Real, pasando por San Diego, Madalena, Concepción Arenal, Real e capela da Orde Terceira.
-23.30 Procesión de dos Caladiños da Confraría das Dores saíndo da concatedral e percorrendo as rúas Irmandiños, Coruña, Magdalena, Terra, Real, Méndez Núñez e praza de Amboage, onde se cantará a salve á Virxe das Dores.

VIVEIRO
-18:30 Desencravo organizado pola Confraría do Santísimo Rosario no adro de Santa María. Irán os pasos do Cristo do Desencravo, As Dores, San Xoán.
-19:30 Procesión do Santo Enterro. Sae da igrexa de Santa María. Leva os pasos da Magdalena, o Santísimo Cristo Xacente e a Virxe da Soidade.
-22:00 Procesión da Paixón. Saída dende a igrexa de San Francisco. Participan os pasos do Prendemento, O Calvario, O Santísimo Cristo da Piedade, María ao pé da Cruz.
-00:00 Sermón da Soidade na Igrexa de San Francisco.
-00:30 Procesión dos Caladiños. Saída da igrexa de San Francisco. Van os pasos A Verónica, San Xoán e a Virxe da Soidade.