Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dezaseis multas ao día a condutores non autorizados que circulan pola zona coruñesa da Mariña

Dezaseis multas ao día a condutores non autorizados que circulan pola zona coruñesa da Mariña

Taxistas e comerciantes cren que a mala sinalización está detrás destas cifras

G24.gal 20/08/2026 14:05

Coa chegada masiva de turistas á Coruña en agosto aumentan tamén os descoidos ao volante. E na zona restrinxida da Mariña poden saír caros.

"Un negocio do Concello moi bo. A 200 euros". "Arránxanlle o día a quen lle cae".

Os condutores que adoitan saltar estas restricións son, fundamentalmente, os que chegan á cidade por primeira vez e non reparan na sinalización.

"Non se ve porque como vaias detrás dun autobús, méteste, e nin conta te das".

Unha infracción que no mes de agosto do ano pasado cometeron, ao día, 16 condutores.

"Isto indica que a meirande deles son de fóra da cidade". "Hai un erro de información, directamente".

As primeiras sancións tras o peche ao tráfico nesta zona restrinxida comezaron a chegar hai nove anos. Daquela, a Policía Local tramitou preto de 36.200 expedientes. Pero o caso é que as cámaras a día de hoxe multan menos. De feito, entre o 2021 e o 2025 as denuncias caeron un terzo. O ano pasado tramitáronse case 5.800 multas.

"Tiñan que poñer letreiros máis grandes e advertir de que se circulas por aquí, vas ter unha multa". "Ou poñer en grande no chan que non se pode circular por aquí".

Mentres, para esquivar a multa, os vehículos non autorizados, mellor evitar esta zona da Mariña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos