Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos dous homes por roubar cable de cobre do tendido telefónico no Carballiño

Detidos dous homes por roubar cable de cobre do tendido telefónico no Carballiño

Os axentes da Garda Civil interviñeron uns 150 metros de cable subtraído, ademais dunha furgoneta e unha serra radial

O cable roubado (Fonte: Garda Civil) O cable roubado (Fonte: Garda Civil)
G24.gal 25/02/2025 10:58

Axentes da Garda Civil do Carballiño (Ourense) detiveron dous homes como presuntos autores dun roubo con forza, tras seren sorprendidos subtraendo cable de cobre do tendido telefónico.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Ourense, a detención tivo lugar na tarde deste luns, cando os supostos ladróns, de 27 e 18 anos de idade, foron collidos na allada levando o cable na estrada OU-417, no punto quilométrico 0,800.

Os axentes da Garda Civil interviñeron uns 150 metros de cable subtraído, ademais dunha furgoneta e unha serra radial. A investigación está coordinada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade