Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos dous 'influencers' por agredir menores sexualmente tras facérenlles consumir droga

Detidos dous 'influencers' por agredir menores sexualmente tras facérenlles consumir droga

Os mozos gravaban os actos cos seus teléfonos móbiles e varias cámaras de seguridade 

Un dos detidos xa ingresou en prisión 

G24.gal 27/02/2024 09:34

A Policía Nacional detivo en Madrid dous mozos influencers como supostos autores das agresións sexuais sufridas por polo menos catro mozas menores de idade despois de lles subministraren estupefacientes para lles anular a vontade. 

Os arrestados empregaban a súa popularidade para atraer as menores ata a vivenda dun deles, no distrito de Villa de Vallecas, onde primeiro as facían partícipes de xogos que implicaban o consumo de drogas para, unha vez anulada a súa vontade, agredilas sexualmente.

Segundo informou este martes a Xefatura Superior de Policía de Madrid, os mozos gravaban os actos cos seus teléfonos móbiles e varias cámaras de seguridade instaladas no domicilio. Se ben, dende a Unidade de Atención á Familia e a Mujer (UFAM), a cargo da investigación, non  teñen coñecemento de que compartisen esas gravacións con terceiras persoas. 

Un dos mozos foi arrestado como presunto autor de dous delitos de agresión sexual, un delito de violación, exhibicionismo, pornografía infantil e cinco delitos contra a saúde pública. Ao segundo detido impútaselle un delito de agresión sexual.

No momento de acceso á vivenda para efectuaren o correspondente rexistro, os axentes atoparon outra menor que tamén fora vítima destes feitos. Ademais, localizáronse numerosos dispositivos electrónicos de almacenamento, diferentes cantidades de substancias estupefacientes e dous teléfonos móbiles. Tras o seu paso á disposición xudicial, decretouse o inmediato ingreso en prisión para un deles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade