Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos dous menores e identificados tres por agrediren sexualmente unha nena en Badalona

Detidos dous menores e identificados tres por agrediren sexualmente unha nena en Badalona

Seis menores ameazárona cun coitelo, levárona aos baños dun centro comercial e agredírona sexualmente

 Os Mossos identificaron cinco dos supostos violadores, dous dos cales están detidos e os outros tres non poden ser imputados porque teñen menos de 14 anos

Os feitos ocorreron nun centro comercial da localidade barcelonesa en novembro de 2022

G24.gal 07/03/2023 19:54 Última actualización 08/03/2023 14:16

Os Mossos d'Esquadra detiveron dous menores e identificaron outros tres pola súa suposta participación nunha agresión sexual a unha nena de 11 anos nun centro comercial de Badalona en novembro pasado. Unha irmá maior da vítima, tapada, conta como foi.

"Ela di que uns seis nenos se lle achegan cun coitelo. Ameázana, lévana aos baños e fan o que queren con ela. Non podía escapar porque tiña un coitelo no pescozo e, mentres facían o que querían, dicíanlle que se berraba a mataban", conta a irmá da nena violada.

Cando rematou a agresión, a nena saíu do baño e intentou contarlle o que lle pasara a un garda de seguridade, pero non obtivo axuda.

"Que estás dicindo?, vaite para alá!, que dis?" é o que  lle contestou o garda, segundo contou a nena na casa, un mes despois da suposta agresión.

"Nun primeiro momento non é consciente da gravidade do que lle fixeron. Agora mesmo está cunha psicóloga, que cre que intenta esquecerse do que lle pasou", explica a irmá da presunta agredida.

A familia da nena interpuxo unha denuncia o pasado mes de decembro por esta suposta agresión sexual, tras o que a Unidade de Menores dos Mossos abriu unha investigación para dar cos autores. Dous dos menores foron detidos; os outros tres non son imputables, xa que teñen menos de 14 anos, segundo as fontes. Dos dous detidos, un está ingresado nun centro xuvenil e o outro en liberdade vixiada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade