Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un veciño de Chantada que supostamente reteu e violou unha muller

Detido un veciño de Chantada que supostamente reteu e violou unha muller

Quedou en liberdade con orde de afastamento e prohibición de comunicarse coa vítima

A muller requiriu a axuda da policía cando estaba perdida na rúa

G24.gal 12/01/2022 10:44

O titular do Xulgado de Chantada deixou en liberdade un home de mediana idade que foi detido como polos supostos delitos de retención ilegal e agresión sexual a unha muller nun domicilio da citada localidade.

Segundo a información facilitada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o sospeitoso, veciño de Chantada, pasou este martes ao dispor da autoridade xudicial, quen lle impuxo unha orde de afastamento e a prohibición de comunicarse por calquera medio coa vítima.

Fontes da Policía Local de Chantada confirmaron que foron os seus axentes os que practicaron a detención o luns pola tarde, aínda que posteriormente o arrestado quedou baixo custodia da Garda Civil no posto da localidade, ata o seu paso nas últimas horas a disposición xudicial.

Ao parecer, foi a propia vítima a que requiriu a axuda dos axentes cando estaba perdida na rúa. Fontes próximas á investigación apuntan que a muller relatou que levaba varios días retida na vivenda do home ao que fora visitar, e que este a agrediu sexualmente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade