Cargando resultados...
Dá positivo o condutor que circulou en sentido contrario no acceso á AP-9

G24.gal
13/03/2023 08:49
Última actualización 13/03/2023 09:22
Detido un condutor ebrio que circulou en sentido contrario no acceso á AP-9 en Rande e chocou con varios vehículos. Segundo informou a Garda Civil, sobre as sete da tarde, un vehículo xirou presuntamente en sentido contrario cara ao acceso da autoestrada coa rotonda da N-554. Acabou chocando ata con cinco coches que viñan de fronte.
O condutor deu positivo no control de alcoholemia, polo que o investigan por varios delitos contra a seguridade do tráfico. O incidente ocasionou longas retencións no vial de conexión desde a N-554 e o corredor do Morrazo coa AP-9.