Detido o presunto autor dun incendio rexistrado este sábado en Sanxenxo
Os axentes detivérono na zona do incendio, "onde se encarou cunha navalla a veciños e a axentes"
No rexistro ao detido incautáronselle varios chisqueiros
O detido permanece custodiado pola Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial

A Policía Local de Sanxenxo detivo este sábado o presunto autor dun incendio rexistrado esta tarde en Pontes, na parroquia de Noalla.
O arresto foi posible grazas á colaboración de veciños, segundo informou a Policía Local de Sanxenxo, e di que non se descarta que o arrestado "poida estar relacionado con outros incendios rexistrados nos últimos días".
A Policía Local identificou a un home de 51 anos, veciño de Noalla. Os axentes detivérono na zona do incendio, "onde se encarou cunha navalla a veciños e a axentes". No rexistro incautáronselle varios chisqueiros.
Nestes momentos permanece custodiado pola Garda Civil á espera de pasar á disposición xudicial.