Investigado por homicidio involuntario o patrón da lancha que golpeou mortalmente o bañista de Sanxenxo
Investigado por homicidio involuntario o patrón da lancha que golpeou mortalmente o bañista de Sanxenxo
O acusado, veciño de Sanxenxo e de 36 anos de idade, quedou en liberdade á espera de comparecer no xulgado cando sexa citado porque carece de antecedentes
A familia da vítima considera que houbo responsabilidade colectiva no sinistro e anuncia medidas legais
Fontes da Garda Civil manifestaron que na mañá deste mércores foi detido un veciño de Sanxenxo de 36 anos por homicidio por imprudencia. O home quedou en liberdade en sede policial tras ser chamado a declarar, á espera de ser citado no Xulgado de Instrución número 3 de Cambados que instrúe a causa.
O home investigado por homicidio por imprudencia quedou en liberdade, á espera de comparecer no xulgado cando sexa citado, porque carece de antecedentes. O xulgado recibiu xa un primeiro atestado en que se dá conta do falecemento deste bañista tras ser supostamente golpeado por unha embarcación na praia de Silgar do municipio pontevedrés de Sanxenxo o venres pasado venres.
A Garda Civil tomou declaración a testemuñas e realizou informes en relación á morte deste bañista, un oftalmólogo da Coruña de 59 anos.