Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atrapan en Lugo a Superlópez, o ancián que acumula máis dun cento de detencións por furto

Atrapan en Lugo a Superlópez, o ancián que acumula máis dun cento de detencións por furto

Ten denuncias na Coruña, Betanzos e Vitoria 

G24.gal 31/03/2022 16:49

Volveron deter en Lugo hai unha horas por enésima vez a Diego López, alcumado 'Superlópez', un home de 74 anos, que acumula máis dun cento de detencións por delitos de roubo.

Sen domicilio fixo, a Policía Nacional de Lugo impútalle senllos furtos nun local de hostalaría e nunha vivenda da zona rural da cidade pero tiña catro ordes de busca emitidas por xulgados da Coruña, Betanzos e Vitoria.

No seu expediente constan máis de 110 detencións, algunhas por roubo ou estafa, aínda que a maioría son por pequenos furtos, de menos de 400 euros.

Nunca causa estragos nin actúa con violencia, e mesmo se o descobren faise pasar por un xubilado que necesita axuda.

Por iso, malia levar anos operando, entrou no cárcere en contadas ocasións, e sempre por períodos curtos. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade