Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home en Rianxo por atacar a casa da súa irmá armado cunha motoserra

Deteñen un home en Rianxo por atacar a casa da súa irmá armado cunha motoserra

Nun primeiro momento fuxiu, pero un operativo de busca logrou localizalo 

O home foi ingresado na área de psiquiatría do Complexo Hospitalario de Santiago

A Garda Civil instrúe agora as dilixencias sobre o caso

G24.gal 15/12/2022 16:36 Última actualización 15/12/2022 17:01

A Policía Local detivo un home en Rianxo por atacar a casa da súa irmá armado cunha motoserra, aínda que por sorte non houbo feridos. O home tentou rebentar a porta da irmá cunha motoserra e posteriormente fuxiu.

Nese momento abriuse un dispositivo de busca que durou algo máis de dúas horas por distintos lugares de Rianxo. Nel participaron axentes da Policía Local e da Garda Civil, que incluso desprazou a unidade de seguridade cidadá dende A Coruña, ante a urxencia de atopar o fuxido por se puidera cometer algunha outra agresion.

Finalmente detivérono os axentes da Policía Local preto dun taller mecánico onde tiña o coche a reparar. O home foi ingresado na área de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Santiago. O episodio aconteceu nun edificio familiar do lugar da Carballeira, en Rianxo dende onde chamaron a emerxencias. 

“Recibimos unha chamada do 112 comunicando que había unha persoa tentando entrar nun domicilio cortando a porta cunha motoserra e ameazando con matar os moradores”, dixo José Ramón Rial, voceiro Policía Local Rianxo.

É a segunda vez este mes que a policía local ten que intervir nunha emerxencia relacionada con este home. E tamén desta vez foi conducido a atención psiquiátrica. 

Segundo a Policía Local, a irmá do detido xa presentou denuncia na Garda Civil, que instrúe as dilixencias sobre o caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade