Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen en Portugal un home acusado de agresión sexual á súa sobriña de 11 anos en Verín

Deteñen en Portugal un home acusado de agresión sexual á súa sobriña de 11 anos en Verín

O home fuxira tras coñecerse que había unha denuncia presentada contra el e saberse que á menor estaba embarazada

Fronteira entre Galicia e Portugal, á altura de Feces de Abaixo, en Verín Fronteira entre Galicia e Portugal, á altura de Feces de Abaixo, en Verín
G24.gal 13/11/2025 09:51

A Polícia Judiciária de Portugal detivo hai uns días un veciño de Verín, que fora denunciado por unha suposta agresión sexual á súa sobriña, de só 11 anos, á que deixou embarazada, e que fuxiría ao país veciño ao saber que se interpuxo denuncia contra el.

Segundo informaron fontes policiais portuguesas, a detención produciuse na localidade fronteiriza de Chaves o pasado 6 de novembro, en cumprimento dunha orde europea de detención emitida polas autoridades españolas.

O home, de 56 anos, está investigado por agredir sexualmente a súa sobriña de 11 anos, nun momento en que ambos se atopaban a soas. Tras o seu arresto, foi presentado ante as autoridades xudiciais lusas, que ordenaron o seu ingreso en prisión provisional.

Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) explicaron que o paso á disposición da xustiza española aínda non se produciu, e matizaron que, aínda que o xulgado encargado de investigar os feitos é o de Verín, aínda non hai información sobre o órgano xudicial ao que será trasladado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade