Cargando resultados...
Desmontan o Saltamontes de Matamá tras a inspección dos peritos xudiciais
Investíganse as causas polas que un brazo da atracción rompeu e acabou coa vida dun home de 36 anos

G24.gal
12/08/2024 13:11
Os feirantes donos do Saltamontes onde se produciu o accidente mortal na parroquia viguesa de Matamá desmontaron a atracción despois de que nas últimas horas os peritos xudiciais inspeccionaran a zona.
Na madrugada do sábado 3 de agosto produciuse o accidente, cando un brazo da atracción de feira rompeu, acabando coa vida de Iván Castaño, de 36 anos de idade.
O home, veciño de Vigo e natural de Viana do Bolo, estaba acompañado dunha muller, que saíu ilesa do accidente. Agora investígase o ocorrido para coñecer que puido pasar.