Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desfile de líderes políticos pola feira de abril e polo Sant Jordi a un mes das eleccións

Desfile de líderes políticos pola feira de abril e polo Sant Jordi a un mes das eleccións

Alberto Núñez Feijóo apela en Barcelona á remontada do PP de Cataluña 

O PSOE e Podemos pídenlle a Moreno Bonilla que dea marcha atrás con Doñana

Feijóo e Moreno Bonilla na feira de abril
G24.gal 23/04/2023 21:00 Última actualización 23/04/2023 21:15

A pouco máis dun mes para as eleccións, a festa de Sant Jordi de Barcelona e a feira de abril de Sevilla convertéronse en parada obrigatoria para os líderes das distintas formacións políticas. 

A secretaria xeral de Podemos e ministra de Dereitos Sociais visitou por primeira vez a feira de abril de Sevilla. Ione Belarra instou a Moreno Bonilla a rectificar a lei de regadíos de Doñana e cualificouno como o Bolsonaro andaluz.

"Como fixo Bolsonaro coa Amazonía, está facendo o mesmo Moreno Bonilla con Doñana".

Belarra coincidiu en Sevilla coa ministra de Facenda, a socialista María Jesús Montero, que non descarta tomar medidas xurídicas se o presidente andaluz non rectifica.

"Incluídas as xurídicas. Xa os avisamos de que, unha vez que vexamos cales son as advertencias da UE, as multas ou as sancións que se poidan propoñer, o Goberno tomará decisións e recorrerá contra a lei".

Mentres, o presidente andaluz acompañaba o líder do partido, Alberto Núñez Feijóo, no seu 
percorrido pola feira de abril.

Horas antes, o líder do PP celebraba a festa de Sant Jordi xunto ao candidato do PP á alcaldía de Barcelona. Na capital catalá o presidente dos populares valoraba a acollida dos cidadáns e apelaba á remontada.

"Para buscar eses grandes consensos que supón o constitucionalismo catalanista e vin que hai unha remontada do constitucionalismo en Cataluña e creo que é bo"

En Barcelona estivo tamén a vicepresidenta e candidata de Sumar Yolanda Díaz, que non fixo comentarios sobre a actualidade política.

Díaz limitouse a sinalar que Sant Jordi é a mellor festa do mundo e reivindicou o carácter plurilingüe de España porque ensancha, dixo, a imaxinación e a cultura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade