Deseñan unha trampa selectiva 100% galega contra a 'vespa velutina'
O dispositivo acaba co insecto asiático sen danar outros polinizadores
As trampas elabóranse cunha impresora en 3D
Auga, lévedo e zume de arandos para atraer os insectos, unha rede para evitar que afoguen e un burato para que poidan saír os de tamaño menor que a velutina. Así funciona a primeira trampa 100% galega para combater o insecto asiático.
Un veterinario de Chantada deseñouna e patentouna e agora espera colocar o maior número posible delas para deter unha praga que reduce drasticamente a cantidade de avespas e que mesmo matou persoas. Iso si, sen danar outros insectos.
As trampas créanse cunha impresora en 3D e esperan poder fabricala en serie en pouco tempo. As raíñas de velutina xa saíron do letargo e os expertos din que este vai ser un ano cunha enorme presenza do insecto. Por iso, recomendan colocar canto antes todas as trampas posibles e reducir así o número de niños.
O emprendedor chantadino cre que é necesaria a axuda das administracións para implicar toda a sociedade na loita contra as velutinas.