Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desartellan unha banda que roubara preto de 30.000 quilos de cable de cobre por toda España

Desartellan unha banda que roubara preto de 30.000 quilos de cable de cobre por toda España

O valor do material apreixado e os danos causados superan o medio millón de euros

G24.gal 17/01/2022 08:48

A Garda Civil desartella unha banda que roubara preto de 30.000 quilos de cable de cobre por toda España.

Os axentes, en colaboración coa Policía Municipal de Madrid, detiveron dez persoas acusadas de supostos delitos de roubo con forza, intimidación e violencia e pertenza a organización criminal. 

O valor do material de que se incautaron e os danos causados superan o medio millón de euros en diversas actuacións nas dúas Castelas, en Estremadura e na Comunidade Valenciana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade