Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxan dúas vivendas ocupadas ilegalmente en Lugo

Desaloxan dúas vivendas ocupadas ilegalmente en Lugo

Nunha das casas, na Milagrosa, topáronse con diversos estragos no interior

Félix Aragunde 24/11/2022 13:41

Nun estado deplorable. Así foi como encontraron os seus donos unha casa do barrio lugués da Milagrosa que levaba ocupada ilegalmente dende o pasado mes de maio e que acaba de ser desaloxada.

A vivenda tiña os radiadores arrincados da parede, mentres que as portas dos armarios estaban desfeitas. Ademais, había lixo acumulado no interior do inmoble.

"O piso estaba feito un desastre, con todo roto e tirado polo chan. Unha cousa impresentable, con ferragachos ciscados, os armarios todos rotos e as camas todas rotas. Está todo roto e non vale para entrar alí", Sergio Toubes, voceiro da familia propietaria.

Para recuperar o inmoble, situado na rúa Lamas de Prado, os propietarios tiveron que recorrer á xustiza, aínda que os ocupantes ilegais xa non estaban cando ao fin puideron entrar.

O mesmo sucedeu con outro inmoble que foi desafiuzado na rúa Otero Pedrayo, onde tamén acudiu a Policía Local para proceder ao desaloxo. Os moradores xa abandonaran o piso, e tamén o deixaran con danos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade