Publicador de contidos

Publicador de contidos

Derruban o van do viaduto da A-6 en Pedrafita que aínda quedaba en pé

Derruban o van do viaduto da A-6 en Pedrafita que aínda quedaba en pé

O treito situado entre os dous que caeran no mes de xuño foi derrubado minutos despois das 13:00

G24.gal 19/08/2022 13:05 Última actualización 19/08/2022 15:00

Pasaban só uns minutos das 13:00 cando finalmente caeu ao chan o van do viaduto do Castro que aínda permanecía en pé entre os dous que se derrubaran no mes de xuño pasado. 

Foi finalmente este venres, como tiña previsto o Ministerio de Transporte (Mitma), que os restos da ponte acabaron no fondo do val. 

Os traballos de desmontaxe comezaron este mércores e xa se prevía que a operación ía ser delicada e que requiriría de varios días. Desde os responsables de Estradas explicaran que os traballos se desenvolverían "priorizando a máxima seguridade dos operarios", polo que os medios auxiliares necesarios para desmontar o van situábanse fóra dos viadutos con medios mecánicos operados de forma remota.

Unha vez realizada a desmontaxe deste van, o Mitma procederá a desfacer os piares deste e a retirar os restos do tres vans, de acordo cos procedementos vixentes de xestión de residuos. Eses restos serán analizados para continuar coa investigación para determinar as causas que provocaron a caída da ponte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade