Cargando resultados...
Derrotas de Baxi Ferrol e Durán Maquinaria Ensino na liga feminina

G24.gal
05/03/2022 22:25
Na liga feminina de baloncesto, esta tarde xogaron os dous equipos galegos.
O Baxi Ferrol perdeu na Malata ante o Guernica. As departamentais aguantaron ata mediado o segundo cuarto, cando o conxunto vasco enganchou un parcial de 8 a 23 e rachou o partido. As de Lino López non atoparon forma de reducir a desvantaxe e quedan con cinco vitorias.
E o Durán Maquinaria Ensino tampouco puido sumar un novo triunfo no difícil compromiso diante do Avenida. Malia a iso, as luguesas gañaron o primeiro parcial por 17 a 15. Pero as visitantes puxéronse por diante no segundo e foron abrindo unha fenda insalvable. Ao final, 47 a 72, e o Ensino queda coas oito vitorias.