Publicador de contidos
Publicador de contidos

Derrota cruel do Breogán na súa visita ao Zaragoza (63-61)

Derrota cruel do Breogán na súa visita ao Zaragoza (63-61)

Unha canastra de Yusta sobre a bocina confirmou a derrota dos lucenses

Un parcial 0-13 e un imperial McLemore (10 puntos no último cuarto) deu esperanza aos de Mrsic

EFE
G24.gal 03/02/2024 18:48 Última actualización 03/02/2024 21:20

Visitaba o Breogán a un rival directo, o Casademont Zaragoza. A necesidade dunha vitoria para poderse ver fóra dos postos de descenso, estaba latente. E comezou da mellor maneira o partido. A pesar de que o xogo no estaba a ser o mellor, os de Mrsic conseguían poñerse por diante no marcador chegando cun resultado de 11-17 ao final do 1º cuarto. As imprecisión en ataque e en defensa condenaron ao Breogán no comezo do 2º. Facendo posíbel a remontada local con dúas triplas consecutivas. A perdas de balón estaban a lastrar aos galegos, os locais sumaron 6  puntos tras a perda no 2º cuarto. O acerto local desde a liña de 3 (50 %) e o erro visitante (12 %) nesta período, fixo posíbel que o Casademont Zaragoza marchase 31-28 aos vestiarios.

O letargo do 2º cuatros estendeuse ao 3º. A pesar de poñerse por diante nos primeiros instantes, o Zaragoza conseguiu nun parcial de 12-0 para poñerse 47-34 no marcador. O Zaragoza conseguía meterse ata a cociña con 12 puntos na pintura. Un imparable Sulejmanovic, con 7 puntos neste período, supuxo unha dor de cabeza para os lucenses. Con todo, o Breogán soubo repoñerse tras un tempo morto e recortou distancias ata o 47-40 co que finalizou o cuarto. O último cuarto apertou o partido. O Breogán colocouse a tan só 3 puntos a falta de un minuto e medio para que acabase o encontro. Mclemore fixo o resto. Unha tripla e empate no partido a falta de un minuto para o final. Con dous tiros libres, puxo por diante aos lucenses a falta de 20 segundos. Conseguindo así un parcial de 0-13. Bell-Heynes puxo o empate no marcador con dous tiros libres. McLemore quixo xogarse a última xogada pero, pola presión rival, piso a liña do medio campo. 2 segundos para o Zaragoza. Balón a Yusta. Canastra. Cruel desenlace para o Breogán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos