Publicador de contidos

Publicador de contidos

Derrota amarga da U. D. Ourense, cun gol no engadido na estrea en 2ª RFEF

Derrota amarga da U. D. Ourense, cun gol no engadido na estrea en 2ª RFEF

Neira marcou no 94 cando os dous equipos xogaban con dez

O cadro ourensán estivo máis de vinte minutos en superioridade numérica

G24.gal 07/09/2025 22:13

A Unión Deportiva Ourense caeu na súa estrea en 2ª RFEF no campo do Couto diante do Valladolid Promesas. Decidiu un gol do visitante Sergio Neira no minuto 94 nunha xogada na que o local Labrada non estivo atinado no despexamento. 

Foi un partido de poucas ocasións, no que comezou mellor o filial do Valladolid e o Ourense foi mellorando conforme pasaban os minutos. Un tiro de Santi de Prado e un remate de Jaichenko foron os mellores argumentos ofensivos no primeiro tempo. Na segunda parte a igualdade mantívose ata a expulsión de Riki por dobre cartón amarelo. En superioridade, a U. D. Ourense buscou o tanto da vitoria e gozou de dúas boas oportunidades pero non estivo atinado. 

No tempo engadido o colexiado igualou o número de xogadores ao expulsar a Manu Núñez. No 94 chegaría o único gol do partido, nunha xogada afortunada do Valladolid que aproveitou Neira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos