Deportivo e Eldense acúsanse no episodio do roubo en Riazor
O equipo visitante denunciou os feitos e asegurou que pedirá compensacións ao club coruñés
O Deportivo respostou dicindo que "non existe nada que fundamente esas acusacións"
Ao final do partido entre o Deportivo e o Eldense produciuse un desagradable incidente. O conxunto valenciano denunciou un roubo no seu vestiario e asegurou que vai solicitar ao club local que asuma os danos: "O Eldense denuncia o roubo de xoias, diñeiro e outros obxectos de valor no vestiario", comeza o comunicado do Eldense.
El #CDEldense denuncia el robo de joyas, dinero y otros objetos de valor en el vestuario visitante del Estadio Abanca-Riazor durante la disputa del #DéporEldense.
— CD Eldense SAD 👓 (@CD_Eldense) October 19, 2024
El Club ha presentado la denuncia pertinente y notificado al @RCDeportivo.
Las autoridades ya están investigando el… pic.twitter.com/suVpmQ15Q7
O Deportivo non tardou en contestar "diante das graves acusacións" feitas polo conxunto visitante. "O Deportivo foi o primeiro en denunciar diante das autoridades o suposto roubo. Os protocolos de seguridade non confirman a veracidade dos feitos imputados", respondeu a entidade coruñesa.
➡️ Comunicado do RC Deportivo sobre as graves acusacións vertidas polo CD Eldense.
— RC Deportivo (@RCDeportivo) October 19, 2024
ℹ️ https://t.co/O06rqLngIJ pic.twitter.com/KFBu4WKQlQ