Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay aparece a tempo para rescatar un empate (1-1)

Yeremay aparece a tempo para rescatar un empate (1-1)

O Córdoba, que buscaba a sexta vitoria seguida como visitante, adiantouse cun gol de Álex Sala

O canario botouse o equipo ás costas e das súas botas saíu o gol e as mellores xogadas do Deportivo

G24.gal 07/03/2025 21:49 Última actualización 07/03/2025 22:44

Deportivo e Córdoba empataron en Riazor (1-1) nun partido moi entretido no segundo tempo no que destacou Yeremay cunha grande actuación individual. 

O primeiro tempo deixounos un Córdoba moi serio e un Deportivo dubitativo. As mellores ocasións foron para o equipo andaluz que puido adiantarse nun erro de Soriano do que non tirou proveito Álex Sala. Cada xogada de estratexia era un pesadelo para a defensa deportivista e Del Moral obrigou a Helton Leite a intervir con acerto. O Dépor buscaba a velocidade de Mella e Yeremay e só tivo unha boa ocasión contra o final do primeiro tempo nun remate de Mario Soriano. 

O segundo tempo comezou cun golpe moi duro para o conxunto deportivista. Alex Sala colleu un balón na frontal e meteuno na mesma escuadra. O quinto gol dun dos mellores xogadores da Segunda nas últimas xornadas. 

O tanto serviu para espertar o Deportivo. Sobre todo a un Yeremay que se botou o equipo ás costas. No minuto 61 realizou unha gran xogada e asistiu a Zakaria Eddahchouri para que marcase o seu segundo gol coa camisola coruñesa. O canario probou sorte nunha falta desde a frontal e volveu aparecer desde a banda esquerda para obrigar a Carlos Marín a realizar unha gran parada. Eran os mellores minutos do Deportivo e Mella tentouno cun remate cruzado que sacou o porteiro visitante. 

Gilsanz fixo debutar a Genreau no lugar de Villares. E o que chegou foi a mellor ocasión do Córdoba noutra xogada a balón parado cun remate de Albarrán que salvou Helton cunha parada chea de reflexos. O Deportivo tivo a súa para gañar o partido. Como non, nas botas de Yeremay pero Rubén Alves sacou o remate debaixo dos paus. Quedaba unha antes do final do partido. Pasaban catro minutos do engadido cando Diego Gómez tivo este remate que lle marchou moi preto do pau. Empate final para un Deportivo que segue deixando escapar na casa o que gaña fóra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade