Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian o desleixo dunha casa do barrio ferrolán de Ultramar

Denuncian o desleixo dunha casa do barrio ferrolán de Ultramar

Os veciños alertan da deterioración do inmoble

Desde o Concello advirten de que, se os propietarios non deixan inspeccionala, recorrerán á vía xudicial

G24.gal 07/10/2025 13:57

"Xa non hai teito nin nada. Está chea de porcallada. Xa se ve. E cheira fatal", comenta unha veciña. É a situación coa que conviven os veciños deste barrio de Ultramar.

"É un desastre. E agora está aberta". "Leva abandonada 20 ou 30 anos".

E contan que ás veces mesmo serve de acubillo para ocupantes ilegais. "Hai de todo: veciños bos e veciños malos". "Aí métense a durmir".

Amais, temen que a falta de mantemento provoque desprendementos ou mesmo un incendio. "Como boten aí un misto...". "Pode desprenderse algo e caer á rúa". "É un perigo para todo".

Nas últimas horas, o Departamento de Urbanismo procedeu a citar os propietarios dos distintos andares deste inmoble da Estrada de Castela para que autoricen a entrar técnicos municipais para constatar o estado do edificio. E no caso de que non dean autorización, desde o Concello informan de que procederán por vía xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade