Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian graves problemas de accesibilidade en Ferrol

Denuncian graves problemas de accesibilidade en Ferrol

A Valedora do Pobo apoia os veciños

Din que, se agora non lles achegan unha solución, irán por vía xudicial

G24.gal 25/04/2023 14:58

Pedro ten 35 anos e leva 5 convivindo con graves problemas de accesibilidade. Pero é que amais tres días á semana realiza un tratamento de diálise e ten que enfrontarse a máis problemas.

Contan que as prazas de aparcamento que están reservadas para as persoas con mobilidade reducida están ocupadas por calquera, que as zonas de carga e descarga están cheas de coches e que, moitas veces, as beirarrúas están invadidas por furgonetas de reparto.

"A ambulancia non pode pasar e ten que ir dar a volta a Canido ou deixala mal aparcada e ir camiñando cen metros para ir a coller un enfermo".

As súas queixas chegaron xa á Valedora do Pobo. Hai días recibiron a súa contestación e dáballes a razón. Agora din que se non lles achegan unha solución, irán por vía xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade