Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian a morte dun can envelenado con raticida en Santiago

Denuncian a morte dun can envelenado con raticida en Santiago

Na clínica veterinaria onde o trataron aseguráronlle que o envelenamento se produciu entre 12 e 72 horas antes

O propietario do can xa notificou o acontecido á Policía Nacional e Local

G24.gal 30/04/2024 13:48

Esta mañá a Jagger faltáballe o seu compañeiro de xogos, outro bulldog francés de ano e medio chamado Thunder, que o sábado morreu envelenado. Os seus donos aínda están consternados.

Santiago García, dono do can envelenado, explícanos que o venres cando ía saír pasear cos cans, Thunder comezou a vomitar sangue. No veterinario dixéronlle que debía de ser unha infección. Pola tarde empeorou e volvérono levar á clínica. Foi cando lle confirmaron que tiña unha intoxicación por raticida. Dixo que o can faleceu o sábado ás sete da mañá.

Na clínica veterinaria onde o trataron aseguráronlle que o envelenamento se produciu entre 12 e 72 horas antes. Santiago cre que tivo lugar neste parque polo que pasean habitualmente, situado no barrio de Santa Marta, en Compostela.

Santiago asegura que outros propietarios de cans viron unha señora tirar bolsiñas de cor vermella nas zonas verdes; sospeitan que podería ser raticida. Na zona hai preocupación polo acontecido porque nestes parques xogan moitos nenos pequenos.

O propietario do can xa notificou o acontecido á Policía Nacional e Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade