Cargando resultados...
Denunciados tres rapaces en Lugo por disparar un rifle de aire comprimido sen licenza de armas
Os mozos tiñan tamén unha pistola de aire comprido e mazaduras nas pernas por dispararse entre eles

G24.gal
03/11/2021 13:13
Denunciados en Lugo tres mozos sen permiso de armas por disparar un rifle de airstof, que proxecta bólas de plástico.
A Policía Local acudiu ao barrio de Montirón alertada por varios veciños que avisaron de que dous rapaces, de 18 e 24 anos, estaban disparando a unhas galiñas.
Os mozos tiñan tamén unha pistola de aire comprido e mazaduras nas pernas por dispararse entre eles. Os rapaces aseguraron que o rifle, suxeito ao regulamento de armas, non era deles. A policía identificou o propietario, un rapaz de 19 anos que tampouco tiña licenza de armas.